sábado, 20 de noviembre de 2010

Aires das nosas brañas.....

Sinto as follas devaixo dos pes, o cantar dos paxariños entre as raiñas do sol marcadas na nevua, o frio da mañan acaricia o meu rostro, ladrar de cans lonxanos, ainda ornean os burros, xa tocan as can campas a misa, nas tellas se tumba o fume que o aire dabaxo empuxa pra riva delas, fumega a auga do manantial que corre pola ladeira cara o muiño, forza natural necesaria pra a muñada, o forno xa quente espera a masa levedada pra gestar o pan pra calmar a fame do labrego e gandeiro do rural...o leite freco da primeira munxida quenta o cacharro, espuma de nive, que no neno deixa bigotes o vever, no cortello alguien pide o seu desayuno.....da lentura do cocho de folla levantouse o cocho,,, e asi odia corre.....corre, un rural que morre, uns labregos e gandeiros abandonados no seu andar pola vida.......os señoritos da politica viven.......pero tamen morrerar...

martes, 16 de noviembre de 2010

htt://www.soutovidal.blogspot.com

sábado, 13 de noviembre de 2010

Enlace "mis pueblos "

http:www.mispueblos.es/galicia/pontevedra/cristiñade/noticias

CONOCE A TUA PARROQUIA "CRISTIÑADE"


http://www.mispueblos.es/galicia/pontevedra/cristiñade/noticias

domingo, 7 de noviembre de 2010

BANQUETE FÚNEBRE

BANQUETE FUNEBRE

Hasta mediados do século XX celebrábanse nas zonas rurais o chamado “Banquete fúnebre” nos enterros, na actualidade non existen.

Isto que na actualidade parece un contrasentido e non se entende ben po-la sociedade, tiña unha xustificación, tal como se amosa de seguido.

Existe un gran erro na xuventude, pretender enxuiciar baixo unha óptica actual eventos ocorridos nun pasado, que aínda que relativamente próximo, dista moito de ser similar o presente.

Nos anos 20 ou 30 do século pasado non existían no rural coches particulares, e nos pequenos pobos como Ponteareas moi poucos, tan so pertencentes a algún médico ou persoa notable. Naquela época existían parroquias ( e a maior parte dos barrios das mesmas) sen acceso directo por estrada. Parroquias como, Nogueira, Picoña, Lourido, Soutolobre, Lira, Vilacova etc. non tiñan acceso dende estrada (por suposto sen asfaltar), po-lo que si fose necesario recorrer a un médico, notario, etc., este tiña que facer o percorrido a pe ou en cabalo. Si era necesario trasladar un ferido ou enfermo había que recorrer o transporte sobre somieres metálicos das camas ou similares, que moitas veces se transportaban sobre u carro dos bois. En Ponteareas había dos ou tres taxis e algunha que outra camioneta, que cargaban sómente uns centos de kilos, e algúns camións pequenos con posibilidade de cargar moi poucas toneladas, estes eran usados para transportar madeira ou viño. Un pequeno viaxe en taxi equivalía a varios días de xornal. Un viaxe a Vigo no autobús de Ojea, custaba 3 pesetas (equivalente a un día de xornal no agro), así pois un viaxe de ida e volta, importaba dous días de traballo, debido o cal o habitual era desprazarse o Porriño a pe, e dende alí en tranvía a Vigo, o que supuña un custo de noventa céntimos (prezos da época en plena guerra civil). Tampouco existían teléfonos nas parroquias, (os primeiros instaláronse o final da década dos anos setenta) para a realización de unha chamada por conferencia, era preciso ir a Ponteareas e facela a través da centraliña manual de telefónica, posto que non existía o servizo automático.

Cando ocorría un falecemento na parroquia, procedíase do seguinte xeito:

Dependendo da hora da morte (pois si esta se producía o atardecer ou de noite, procedíase coma si ouvise ocorrido a primeira hora da maña), os familiares de mais cerca (en distancia) que eran os primeiros en coñecer o falecemento, acudían a casa do defunto para ordenar o enterro. A familia acostumaba nomear un veciño ou persoa de confianza para que se fixera cargo de todo o funeral. O encargado nomeaba a súa ves a varios colaboradores (veciños ou amigos) os cales determinaban que se facía entre eles e distribuían os traballos.

O primeiro consistía en buscar xente (normalmente mulleres) para debullar millo (uns 30 kilos) e levalos o muiño ou a unha ceña, que o ser para un enterro non esperaba ves. O mesmo tempo un dos colaboradores era enviado a avisar o cura, para que determinara a hora do enterro e dixese a que outros curas había que avisar( nos enterros por aquel entón, acudían entre 3 e 6 curas, según desexos da familia ou do defunto, o normal eran catro) é avisar o sancristán para que tocase as campás.

Supoñamos que o falecemento prodúcese na parroquia de Cristiñade, o normal e que os curas a avisar fosen das parroquias limítrofes, (Guláns, Nogueira, Moreira, Fornelos, Areas), pero era o propio cura quen os propuña. Podía darse o caso de que algúns destes curas, estivese ocupado (por outro enterro ou aniversario, que tamén se celebraban con tres curas) entón había que recorrer os curas de S. Máteo, Angoares, Ponteareas, etc. e nunha última instancia, o convento de Canedo, onde sempre había frades dispoñibles (os curas eran recios a aceptalos se non era en casos extremos).

O colaborador que había ido a falar co cura, debía volver axiña para comunicar a hora do enterro así mesmo a que curas había que avisar ( e si algún destes viña con misa), esta labor acostumábana a facer entre dúas persoas que estivesen ben coordinadas.

Unha ves coñecida a hora do enterro, era preciso mandar a outros colaboradores a avisar os familiares. Dado que en esa época as familias eran numerosas ( ademais o feito da emigración, facía que se establecesen vínculos con persoas de Concellos limítrofes) non era nada estraño que o defunto tivese un irma casado en Xinzo, outro en Mouriscados; un fillo que vivía en Salceda ou Arantei; así como, compadres, curmáns, afillados, ou familiares repartidos po-las distintas parroquias. Todo isto debíase facer o longo da maña ou ata media tarde.

O encargado tíñase que desprazar a Ponteareas (a pe) xunto con dúas ou tres mulleres para mercar o cadaleito e procurar portadores que o levasen. Como queira que por aquel entón, os cadaleitos facíanse de varias medidas, levaban unha corda ou cana coa medida do defunto para asegurarse que o tamaño era o axeitado. Na mesma funeraria había coroas ou ramos de flores artificiais (xeralmente feitas con plumas pintadas) negras ou cardinalicias, que se portaban en grandes caixas de madeira que normalmente portaban as mulleres na cabeza. Así mesmo era necesario levar tamén as fachas.

Despois de isto, desprazábanse a praza de abastos e a algunha tenda, para mercar, carne, bacallau, arros, café. Tamén tiñan que mercar, medias ou pano negro, para facer roupa a algún familiar. Así mesmo debíase decidir quen portaría o cadaleito, si eran os familiares, amigos, ou po-la contra tiñan que buscar portadores pagados, que era o mais habitual. Buscábase un rapas pa levar o caldeiriño da auga bendita, que traería o sancristán xunto co crucifixo e as estaquillas para apoiar o cadaleito nas encrucilladas. Na maior parte dos enterros, contratábase unha persoa que tocase o bombardino, que acompañaba o enterro (“horneón”).

As primeiras horas da tarde ou antes, van chegando a casa do defunto tódolos colaboradores que de seguro aínda non comeron, po-lo que se lle prepara para todos eles unha merenda-cea. Durante o velorio que duraba toda a noite, raramente se deixaba só o defunto, agás nas noites moi frías que se refuxiaban na cociña o carón da lareira, servíase café e augardente ou viño quente con azucre, os presentes.

Os enterros salvo raras excepcións, facíanse sempre po-la maña. O cadáver era levantado en torno as nove ou dez da maña, dependendo do percorrido entre a casa do defunto e a igrexa parroquial. O chegar a unha encrucillada parábase, e os curas cantaban dous ou tres responsos que pertencían o propio enterro, pero casque sempre se achegaba xente que daba vintecinco ou trinta céntimos (era o prezo do responso) po-lo cal paraba bastante tempo o cortexo nunha encrucillada. Durante todo o percorrido cantábanse salmos, e na última encrucillada (xeralmente o torreiro da igrexa) era onde a xente que acompañaba o defunto daba os responsos.

O defunto era levado directamente o cemiterio e o acompañamento pasaba a igrexa (os funerais de corpo presente estaban prohibidos por motivos hixiénicos debido a pestes e contaxios). Na igrexa, no lugar que debería ocupar o cadaleito, colocábase unha simulación que representaba o orixinal e o seu arredor púñanse as coroas e as fachas. O funeral duraba moito tempo pois antes da misa realizábanse unha serie de cantos que duraban mais que a propia misa. A finalización do enterro producíase sobre a unha ou dúas da tarde, era entón cando se celebraba o BANQUETE FUNEBRE propiamente dito.

Tódalas persoas que estiveron traballando de balde dous días ¿retornarían as súas casas sen comer?. Os que viñeron de lonxe (irmáns, fillos, curmáns, etc.) ¿tamén marcharían así?. Si pensamos un pouco darémonos conta que a esa hora en pleno verán e practicamente imposíbel emprender unha camiñada xa que coincide coas horas de mais calor. É por elo que a toda esta xente se lle convidaba a comer e se lles agradecía os servizos prestados nuns casos, é a asistencia o enterro noutros.

Po-lo xeral despois do enterro os curas comían na casa retoral, convidados po-lo cura da parroquia, onde era frecuente que o remate da comida se xogase as cartas, incluso con apostas de diñeiro.

O día do enterro e rematado este, o encargado xa procuraba saldar contas co maior número de persoas posibles, pagar os curas, o sancristán, os portadores do cadaleito, os rapaces que levaron os pendóns é o caldeiro da auga bendita, etc. A noitiña ou o día seguinte, desprazábanse a Ponteareas (maiormente mulleres) para devolver as coroas, pois eran alugadas e levar o sobrante das fachas que na funeraria pesaban e cobraban a perda da cera. Ademais o día seguinte ou os dous días, as mulleres que habían participado no enterro, axudaban a lavar as roupas da cama ou calquera outra cousa necesaria. O encargado do enterro facía o resumo dos gastos que era entregada a familia do defunto para o seu cobro. En moitos casos e cando a situación económica o permitía, a familia adiantaba o diñeiro, entón en ese momento saldábanse as contas.

Teño ante min un recibo de gastos do enterro de, Ángel Groba Porto, veciño do barrio do Correlo en Cristiñade, falecido o 6 de febreiro do 1939.

Certificado médico 5 pesetas; Rexistro Civil 1 pesetas; Gastos de mercado 37 pesetas; Pan 8 pesetas; Tenda 10`85 pesetas: Cadaleito 95 pesetas; Aluguer de coroa 3 pesetas, Cera 4 pesetas: Fachas para aumentar 5`50 pesetas: Cofradia do Rosario 2`50 pesetas; Cofradia do Carmen de San Mateu 3 pesetas; Dous curas a 10 pesetas = 20 pesetas; Un cura con misa 15 pesetas: Sancristán 8 pesetas; Enterrador 6 pesetas; Horneón 6 pesetas; Portador do caldeiriño da auga bendita 1 pesetas; total 230`85 pesetas.


Pedro Borreiro.

domingo, 3 de octubre de 2010

NO CAMPO DA RAZON............


A xeneralizacion dos panteons sobre todo nas ultimas decadas, moito mais aqui que noutras partes, construidos as veces sen o minimo senso da estetica e ata tapando parte da iglesia, orixinou a case desaparicion das sepulturas terreas, algunhas cubertas con orixinais tampas labradas polos nosos canteiros, das que muitas eran familiares, de xeito que cando finaba un menbro os osos do anterior ian para o osario parroquial. Era enton cando empezaba a formar parte do mundo dos devanceiros anonimos, mesturados uns cos outros, amigos e inimigos. Cada ano que pasa vese menos xente nos cimenterios rurais os dias tradicionais de santos e defuntos, cando antano case era unha romaria a que non faltaba ninguen. Quizais haxa flores, pero so se esta na compaña dos defuntos o empo preciso de arranxar a sepultura e acender unha candela , e logo para a cidade ata o vindeiro ano. Pero os que viven lonxe nin iso poden facer, conformandose con poñerlle unhas flores no veran, nas vacacions, cando volvan co gallo das festas patronais. O abandono do mundo rural leva tamen ao dos cimenterios. Aos poucos anos, nas parroquias que quedan ermas ou case, o mesmo que nas casas e terras de labor, as herbas empezan a cubrirb as sepulturas e as silvas a medrar entre as fendas dos panteons. A o cabo de non moito tempo, os que descenden do lugar o unico que poderan saber e que naquel anaco de adro ou cimenterio xacen os osos dos seus pais, avos, bisavos, cos doutras moitas prsonas que xa forman parte inseparable da historia anonima desa terra. O tempo borrou os nomes, pero de non ser por eles non existiriamos e, malia que non guste lembralo, como se le nanguns petos das animas: "Comoes ti, fun eu, como son eu, seras ti " Agora que se achega o dia de defuntos, coido que e unha data axeitada para lembrarnos dos homas e mulleres de esta parroquia que nos precederon, dos que non perduran os nomes, pero si o seu labor. E para facer publica esta homaxe, que mellor que na entrada do cemiterio ou noutro sitio ben visible do mesmo campe a siguente inscricion " Gloria eterna a cantos aqui xacen e que nos deron a vida, a erra e a lingua. Gracias a C. Gonzalez Perez, Galicia Hoxe, por descrivir a realidade das nosas cousas...

domingo, 29 de agosto de 2010

Somos unha parroquia morta..........?


Este veran andiven por varias festas, por moitos lugares de galicia, na miña vida andiven tanto de festas, festas gastronomicas, culturais, e de esaltacion a diversas cuestions, e queden abrallado como o vicindario responde os acontecementos que ali se celebran, os eventos os organiza a parroquia, non unha persona, e todo un colectivo e a diversion esta garantizada, estiven en torreiros muy pequeniños entre veigas de millo, con duas boas orquestras, tiven a oportunidad de ver e escoitar a orquesta "Poceiro" , aquela que tanto estivo en Moreira ( a Consolacion ) con Diosiño e a sua acordion, esta ves con un vocalista que marcou toda unha epoca nas festa de galicia, Miguel Torres, que tantos anos estuvo na Orquesta Compostela, non me gustou a Panorama, demasiodo embrollo, gustei da Sintonia, Bambola; Combo Dominicano, Cinema etc, nos aqui estamos morrendo.........? a desconesion viciñal e avismal, prova a comida que celebramos na fraga do rey o dia 22 de Agosto, estamos fraturados, divididos, hay quen pensa que defender a terra e delito, que defender os nosos dereitos molestan os nosos politicos, xente que vive e come dos nosos impostos, e tal a desunion que o resultado podemos velo polos camiños da parroquia, po las obras e axudas que nos dan, polo modo de tratar a nosa toponimia, o noso patrimonio etnografico e cultural.........¿ vos tamen o vedes...? ou son eu un roñoso,. Pozas, muiños, camiños, todo que se mellorou na parroquia foi frutos dos veciños, de aqueles que loitaron e souveron defender a sua terra, cando a palabra era un ducumento........... ¿ e nos siguiremos morrendo....?

domingo, 1 de agosto de 2010

Primeiro Domingo despois do 6 de agosto........

Xa temos aqui, a volta da esquina, a nosa festa parroquial, festa que en tempos, non poderia decir canto, foi invidia das parroquias veciñas, daquela a nosa Banda de Musica, primeiro chamada Banda de Musica de Cristiñade, e despois, Banda de Musica Cultural de Cristiñade, teiña como peza estrella a sua "Misa Cantada", facendo dura competencia coa da parroquia veiña de Gulans,tanto en musica como en musicos, uns autodidactas que levaron o nome de Cristiñade polo condado adiante, igual que o grupo de teatro no seu dia que tantos exitos acadou. O dia das Dores e a festa patronal por excelencia da nosa parroquia, ahora non ten festa pagana pero si os veciños a seguen celebrando con ferbor, e son muytos os amigos e devotos que veñen a oir a misa, esta festa no pasar do tempo foi sufrindo diversos cambios na sua maneira de organizar, pero intacta na fecha da celebracion en agosto, o despobamento rural de diversos barrios foi unha das causas da trasformacion organizativa e tamen o que fixo que a aportacion economica veciñal e o elevado custo da sua organizacion vaya quedando sin festa como en anos anteriores, esta festa que a sua duracion era de tres dias, visperas, dia e a festa do can, quedaran xa pro olvido ou como recordo pra nos, aqueles que xa temos alguns anos, claro que a parroquia na sua regeneracion pobacional que esta sufrindo,o sentimento sobre estes actos vai quedando no olvido, aqueles que somos nativos sentimos diferente o non ter festa das "Dores" cando as tuas raices estan noutro lugar a savia da malencolia do teu sentimento e diferente e non o sintes como teu, isto pode ser que xa quedamos poucos autotonos e moitos os foraneos, que ben vidos sean..... Virxen dos Dores, virxen das sete espadas, e das dece estrelas...con manto de mai... coas lagrimas no teu rostro, lagrimas que chorache por teu fillo, pero que tamen choras por nos.... polo abandono, a envidia,e a prepotencia e falta de humildad.......que olguns pretenden impor...... a ipocresia, indeferencia e insolaridad..... ! virxen de quen son devoto...! cuydame a parroquia, a todos os seus parroquianos, e protexenos devaixo do teu manto......como a galiña fai cos pitiños acomodandoos devaixo das suas alas.....Salve Virxen dos Dores.

jueves, 8 de julio de 2010

A noite de san Juan con agua de trementelo.....

Hoxe quero recordar......, !as noites de San Juan, daquela non había luz nos recuchos dos camiños, todo era oscuridade.....medo.As fogeiras, cacharelas, non sei como decilo, a li queimavamos todo o que nos creiamos malo, as mozas pedian os seus desexos, o meigallo, o trasno queimavamoslo ali, na quela brasas, como lume do inferno, que queimava os malos esperitos da noite, a santa compaña, hoxe xa non anda polos camiños, agora hay luz e vemoslle as caras.... Os veciños e veciñas cambearon o sistema, son as sardiñas as que pagan todo aquilo.....suvidas no pan de millo ou de trigo, con un tinto noso de xaque maduriña como as de antes e veña troula, hay que saltala fogeira e pedir algun desexo.... a economia anda jodida, a salud non sobra, no apartado sentimental e mellor non remexer......bou facer unha longa lista de comandas e desexos.....¿valdra a pena ?. Nunha ceremonia cultural dese xeito fun invitado hay poucos dias.....habia de todo asta necesidades.... e faltava luz, a li estavamos nos todos xuntos, todo unha colonia du lugar..... pois enchemos a mesa......por san Juan os de Soutovidal volveran.......a coller o trementelo pra por a macerar, con aquela augua moza tu pelo vas lavar....y el meigalo espantar.....

sábado, 19 de junio de 2010

BOLETIN INFORMATIVO "ANTORCHA"

Con data de Marzo do 2010 chegou polo meu eido unha folliña co numero:1, do Boletin da casa cultural "Antorcha", nel a editorial invita os veciños e veciñas a que fagan uso del, poñendo as novas, ou aquelo que esta relacionado co noso entorno, e decir coa parroquia, pero seguro que a poesia, o relato,etc, todo aquelo que e cultura, tendra lugar nel, tamen a critica poderia servir, sempre que non pase pola peneira, e non fira a sensivilidade das persoas, aplaudo a iniciativa, todo aquelo que e cultura sirve pra formar e informar os veciños e veciñas, o enderezo e casacultural.antorcha@gmail.com , aqui hay muitas historias que contar.......

domingo, 13 de junio de 2010

O idioma: un patrimonio para o futuro


Pode alguen non amar o seu idioma? E posible que persoas do pais fiquen inamovibles mentras ao seu caron se derruva parte do patrimonio? A resposto a vista das circustancias que desde hai meses envolven a situacion do idioma en Galicia, semella ser afirmativa. Ningen desde fora vai solucionar o noso confrito e comple desde adentro sentido comun e responsavilidade diante do presentee diente dun futuro que xulgara com perspectiva o acontecido : un pobo con lingua propia que a aministracion deberia mimar a partir do universo infantil para mantener e non romper a secuencia e continuidade serecional, pois son eses os elos que unen......

sábado, 12 de junio de 2010

http:soutovidal.blogspot.com/

Notas nosas....

Podes entrar neste enlace http:soutovidal.blogspot.com/

O monte comunal busca novos ingresos mais ala da madeira


A Mancumunidade de Comunidade de Montes Veciñais de Pontevedra estuda vias para abrir a xestion e o aproveitamento do monte a iniciativa privada, mediante a posta en marcha de rutas de senderismo, producion de mel, micoloxia e outros productos, ou habilitando zonas para o pastoreo.Con esta medida pretenden "atraer ingresos" alternativos a venda de madeira para favorecer a economia das comunidades que, tras os incendios de 2006, quedaron "descapacitadas".O presidente da Comunidad de Montes de Pontevedra,confia en atopar "disposicion" por parte de proxectos emprendedores os que se poderian ceder espazos onde desenvolver funcions que contribuan a reforzar o papel do monte como "pulmon da cidadania". As futuras liñas de actuacion trazanse nas I Xornadas sobre Montes Viciñais de Pontevedra que se celebran estos dias, con motivo do decimo aniversario da Mancumunidade. GH.

domingo, 6 de junio de 2010

Antorcha de Luz cultural........

Nos Presentamos:
Somos persoas comprometidos co idioma e a cultua galega, ti tamen podes colaborar con nos, faio po la tua fala, cultuera , e todo aquelo que leve cheiro a galicia...........