A xeneralizacion dos panteons sobre todo nas ultimas decadas, moito mais aqui que noutras partes, construidos as veces sen o minimo senso da estetica e ata tapando parte da iglesia, orixinou a case desaparicion das sepulturas terreas, algunhas cubertas con orixinais tampas labradas polos nosos canteiros, das que muitas eran familiares, de xeito que cando finaba un menbro os osos do anterior ian para o osario parroquial. Era enton cando empezaba a formar parte do mundo dos devanceiros anonimos, mesturados uns cos outros, amigos e inimigos. Cada ano que pasa vese menos xente nos cimenterios rurais os dias tradicionais de santos e defuntos, cando antano case era unha romaria a que non faltaba ninguen. Quizais haxa flores, pero so se esta na compaña dos defuntos o empo preciso de arranxar a sepultura e acender unha candela , e logo para a cidade ata o vindeiro ano. Pero os que viven lonxe nin iso poden facer, conformandose con poñerlle unhas flores no veran, nas vacacions, cando volvan co gallo das festas patronais. O abandono do mundo rural leva tamen ao dos cimenterios. Aos poucos anos, nas parroquias que quedan ermas ou case, o mesmo que nas casas e terras de labor, as herbas empezan a cubrirb as sepulturas e as silvas a medrar entre as fendas dos panteons. A o cabo de non moito tempo, os que descenden do lugar o unico que poderan saber e que naquel anaco de adro ou cimenterio xacen os osos dos seus pais, avos, bisavos, cos doutras moitas prsonas que xa forman parte inseparable da historia anonima desa terra. O tempo borrou os nomes, pero de non ser por eles non existiriamos e, malia que non guste lembralo, como se le nanguns petos das animas: "Comoes ti, fun eu, como son eu, seras ti " Agora que se achega o dia de defuntos, coido que e unha data axeitada para lembrarnos dos homas e mulleres de esta parroquia que nos precederon, dos que non perduran os nomes, pero si o seu labor. E para facer publica esta homaxe, que mellor que na entrada do cemiterio ou noutro sitio ben visible do mesmo campe a siguente inscricion " Gloria eterna a cantos aqui xacen e que nos deron a vida, a erra e a lingua. Gracias a C. Gonzalez Perez, Galicia Hoxe, por descrivir a realidade das nosas cousas...
No hay comentarios:
Publicar un comentario