Xa temos aqui, a volta da esquina, a nosa festa parroquial, festa que en tempos, non poderia decir canto, foi invidia das parroquias veciñas, daquela a nosa Banda de Musica, primeiro chamada Banda de Musica de Cristiñade, e despois, Banda de Musica Cultural de Cristiñade, teiña como peza estrella a sua "Misa Cantada", facendo dura competencia coa da parroquia veiña de Gulans,tanto en musica como en musicos, uns autodidactas que levaron o nome de Cristiñade polo condado adiante, igual que o grupo de teatro no seu dia que tantos exitos acadou. O dia das Dores e a festa patronal por excelencia da nosa parroquia, ahora non ten festa pagana pero si os veciños a seguen celebrando con ferbor, e son muytos os amigos e devotos que veñen a oir a misa, esta festa no pasar do tempo foi sufrindo diversos cambios na sua maneira de organizar, pero intacta na fecha da celebracion en agosto, o despobamento rural de diversos barrios foi unha das causas da trasformacion organizativa e tamen o que fixo que a aportacion economica veciñal e o elevado custo da sua organizacion vaya quedando sin festa como en anos anteriores, esta festa que a sua duracion era de tres dias, visperas, dia e a festa do can, quedaran xa pro olvido ou como recordo pra nos, aqueles que xa temos alguns anos, claro que a parroquia na sua regeneracion pobacional que esta sufrindo,o sentimento sobre estes actos vai quedando no olvido, aqueles que somos nativos sentimos diferente o non ter festa das "Dores" cando as tuas raices estan noutro lugar a savia da malencolia do teu sentimento e diferente e non o sintes como teu, isto pode ser que xa quedamos poucos autotonos e moitos os foraneos, que ben vidos sean..... Virxen dos Dores, virxen das sete espadas, e das dece estrelas...con manto de mai... coas lagrimas no teu rostro, lagrimas que chorache por teu fillo, pero que tamen choras por nos.... polo abandono, a envidia,e a prepotencia e falta de humildad.......que olguns pretenden impor...... a ipocresia, indeferencia e insolaridad..... ! virxen de quen son devoto...! cuydame a parroquia, a todos os seus parroquianos, e protexenos devaixo do teu manto......como a galiña fai cos pitiños acomodandoos devaixo das suas alas.....Salve Virxen dos Dores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario