sábado, 20 de noviembre de 2010

Aires das nosas brañas.....

Sinto as follas devaixo dos pes, o cantar dos paxariños entre as raiñas do sol marcadas na nevua, o frio da mañan acaricia o meu rostro, ladrar de cans lonxanos, ainda ornean os burros, xa tocan as can campas a misa, nas tellas se tumba o fume que o aire dabaxo empuxa pra riva delas, fumega a auga do manantial que corre pola ladeira cara o muiño, forza natural necesaria pra a muñada, o forno xa quente espera a masa levedada pra gestar o pan pra calmar a fame do labrego e gandeiro do rural...o leite freco da primeira munxida quenta o cacharro, espuma de nive, que no neno deixa bigotes o vever, no cortello alguien pide o seu desayuno.....da lentura do cocho de folla levantouse o cocho,,, e asi odia corre.....corre, un rural que morre, uns labregos e gandeiros abandonados no seu andar pola vida.......os señoritos da politica viven.......pero tamen morrerar...

martes, 16 de noviembre de 2010

htt://www.soutovidal.blogspot.com

sábado, 13 de noviembre de 2010

Enlace "mis pueblos "

http:www.mispueblos.es/galicia/pontevedra/cristiñade/noticias

CONOCE A TUA PARROQUIA "CRISTIÑADE"


http://www.mispueblos.es/galicia/pontevedra/cristiñade/noticias

domingo, 7 de noviembre de 2010

BANQUETE FÚNEBRE

BANQUETE FUNEBRE

Hasta mediados do século XX celebrábanse nas zonas rurais o chamado “Banquete fúnebre” nos enterros, na actualidade non existen.

Isto que na actualidade parece un contrasentido e non se entende ben po-la sociedade, tiña unha xustificación, tal como se amosa de seguido.

Existe un gran erro na xuventude, pretender enxuiciar baixo unha óptica actual eventos ocorridos nun pasado, que aínda que relativamente próximo, dista moito de ser similar o presente.

Nos anos 20 ou 30 do século pasado non existían no rural coches particulares, e nos pequenos pobos como Ponteareas moi poucos, tan so pertencentes a algún médico ou persoa notable. Naquela época existían parroquias ( e a maior parte dos barrios das mesmas) sen acceso directo por estrada. Parroquias como, Nogueira, Picoña, Lourido, Soutolobre, Lira, Vilacova etc. non tiñan acceso dende estrada (por suposto sen asfaltar), po-lo que si fose necesario recorrer a un médico, notario, etc., este tiña que facer o percorrido a pe ou en cabalo. Si era necesario trasladar un ferido ou enfermo había que recorrer o transporte sobre somieres metálicos das camas ou similares, que moitas veces se transportaban sobre u carro dos bois. En Ponteareas había dos ou tres taxis e algunha que outra camioneta, que cargaban sómente uns centos de kilos, e algúns camións pequenos con posibilidade de cargar moi poucas toneladas, estes eran usados para transportar madeira ou viño. Un pequeno viaxe en taxi equivalía a varios días de xornal. Un viaxe a Vigo no autobús de Ojea, custaba 3 pesetas (equivalente a un día de xornal no agro), así pois un viaxe de ida e volta, importaba dous días de traballo, debido o cal o habitual era desprazarse o Porriño a pe, e dende alí en tranvía a Vigo, o que supuña un custo de noventa céntimos (prezos da época en plena guerra civil). Tampouco existían teléfonos nas parroquias, (os primeiros instaláronse o final da década dos anos setenta) para a realización de unha chamada por conferencia, era preciso ir a Ponteareas e facela a través da centraliña manual de telefónica, posto que non existía o servizo automático.

Cando ocorría un falecemento na parroquia, procedíase do seguinte xeito:

Dependendo da hora da morte (pois si esta se producía o atardecer ou de noite, procedíase coma si ouvise ocorrido a primeira hora da maña), os familiares de mais cerca (en distancia) que eran os primeiros en coñecer o falecemento, acudían a casa do defunto para ordenar o enterro. A familia acostumaba nomear un veciño ou persoa de confianza para que se fixera cargo de todo o funeral. O encargado nomeaba a súa ves a varios colaboradores (veciños ou amigos) os cales determinaban que se facía entre eles e distribuían os traballos.

O primeiro consistía en buscar xente (normalmente mulleres) para debullar millo (uns 30 kilos) e levalos o muiño ou a unha ceña, que o ser para un enterro non esperaba ves. O mesmo tempo un dos colaboradores era enviado a avisar o cura, para que determinara a hora do enterro e dixese a que outros curas había que avisar( nos enterros por aquel entón, acudían entre 3 e 6 curas, según desexos da familia ou do defunto, o normal eran catro) é avisar o sancristán para que tocase as campás.

Supoñamos que o falecemento prodúcese na parroquia de Cristiñade, o normal e que os curas a avisar fosen das parroquias limítrofes, (Guláns, Nogueira, Moreira, Fornelos, Areas), pero era o propio cura quen os propuña. Podía darse o caso de que algúns destes curas, estivese ocupado (por outro enterro ou aniversario, que tamén se celebraban con tres curas) entón había que recorrer os curas de S. Máteo, Angoares, Ponteareas, etc. e nunha última instancia, o convento de Canedo, onde sempre había frades dispoñibles (os curas eran recios a aceptalos se non era en casos extremos).

O colaborador que había ido a falar co cura, debía volver axiña para comunicar a hora do enterro así mesmo a que curas había que avisar ( e si algún destes viña con misa), esta labor acostumábana a facer entre dúas persoas que estivesen ben coordinadas.

Unha ves coñecida a hora do enterro, era preciso mandar a outros colaboradores a avisar os familiares. Dado que en esa época as familias eran numerosas ( ademais o feito da emigración, facía que se establecesen vínculos con persoas de Concellos limítrofes) non era nada estraño que o defunto tivese un irma casado en Xinzo, outro en Mouriscados; un fillo que vivía en Salceda ou Arantei; así como, compadres, curmáns, afillados, ou familiares repartidos po-las distintas parroquias. Todo isto debíase facer o longo da maña ou ata media tarde.

O encargado tíñase que desprazar a Ponteareas (a pe) xunto con dúas ou tres mulleres para mercar o cadaleito e procurar portadores que o levasen. Como queira que por aquel entón, os cadaleitos facíanse de varias medidas, levaban unha corda ou cana coa medida do defunto para asegurarse que o tamaño era o axeitado. Na mesma funeraria había coroas ou ramos de flores artificiais (xeralmente feitas con plumas pintadas) negras ou cardinalicias, que se portaban en grandes caixas de madeira que normalmente portaban as mulleres na cabeza. Así mesmo era necesario levar tamén as fachas.

Despois de isto, desprazábanse a praza de abastos e a algunha tenda, para mercar, carne, bacallau, arros, café. Tamén tiñan que mercar, medias ou pano negro, para facer roupa a algún familiar. Así mesmo debíase decidir quen portaría o cadaleito, si eran os familiares, amigos, ou po-la contra tiñan que buscar portadores pagados, que era o mais habitual. Buscábase un rapas pa levar o caldeiriño da auga bendita, que traería o sancristán xunto co crucifixo e as estaquillas para apoiar o cadaleito nas encrucilladas. Na maior parte dos enterros, contratábase unha persoa que tocase o bombardino, que acompañaba o enterro (“horneón”).

As primeiras horas da tarde ou antes, van chegando a casa do defunto tódolos colaboradores que de seguro aínda non comeron, po-lo que se lle prepara para todos eles unha merenda-cea. Durante o velorio que duraba toda a noite, raramente se deixaba só o defunto, agás nas noites moi frías que se refuxiaban na cociña o carón da lareira, servíase café e augardente ou viño quente con azucre, os presentes.

Os enterros salvo raras excepcións, facíanse sempre po-la maña. O cadáver era levantado en torno as nove ou dez da maña, dependendo do percorrido entre a casa do defunto e a igrexa parroquial. O chegar a unha encrucillada parábase, e os curas cantaban dous ou tres responsos que pertencían o propio enterro, pero casque sempre se achegaba xente que daba vintecinco ou trinta céntimos (era o prezo do responso) po-lo cal paraba bastante tempo o cortexo nunha encrucillada. Durante todo o percorrido cantábanse salmos, e na última encrucillada (xeralmente o torreiro da igrexa) era onde a xente que acompañaba o defunto daba os responsos.

O defunto era levado directamente o cemiterio e o acompañamento pasaba a igrexa (os funerais de corpo presente estaban prohibidos por motivos hixiénicos debido a pestes e contaxios). Na igrexa, no lugar que debería ocupar o cadaleito, colocábase unha simulación que representaba o orixinal e o seu arredor púñanse as coroas e as fachas. O funeral duraba moito tempo pois antes da misa realizábanse unha serie de cantos que duraban mais que a propia misa. A finalización do enterro producíase sobre a unha ou dúas da tarde, era entón cando se celebraba o BANQUETE FUNEBRE propiamente dito.

Tódalas persoas que estiveron traballando de balde dous días ¿retornarían as súas casas sen comer?. Os que viñeron de lonxe (irmáns, fillos, curmáns, etc.) ¿tamén marcharían así?. Si pensamos un pouco darémonos conta que a esa hora en pleno verán e practicamente imposíbel emprender unha camiñada xa que coincide coas horas de mais calor. É por elo que a toda esta xente se lle convidaba a comer e se lles agradecía os servizos prestados nuns casos, é a asistencia o enterro noutros.

Po-lo xeral despois do enterro os curas comían na casa retoral, convidados po-lo cura da parroquia, onde era frecuente que o remate da comida se xogase as cartas, incluso con apostas de diñeiro.

O día do enterro e rematado este, o encargado xa procuraba saldar contas co maior número de persoas posibles, pagar os curas, o sancristán, os portadores do cadaleito, os rapaces que levaron os pendóns é o caldeiro da auga bendita, etc. A noitiña ou o día seguinte, desprazábanse a Ponteareas (maiormente mulleres) para devolver as coroas, pois eran alugadas e levar o sobrante das fachas que na funeraria pesaban e cobraban a perda da cera. Ademais o día seguinte ou os dous días, as mulleres que habían participado no enterro, axudaban a lavar as roupas da cama ou calquera outra cousa necesaria. O encargado do enterro facía o resumo dos gastos que era entregada a familia do defunto para o seu cobro. En moitos casos e cando a situación económica o permitía, a familia adiantaba o diñeiro, entón en ese momento saldábanse as contas.

Teño ante min un recibo de gastos do enterro de, Ángel Groba Porto, veciño do barrio do Correlo en Cristiñade, falecido o 6 de febreiro do 1939.

Certificado médico 5 pesetas; Rexistro Civil 1 pesetas; Gastos de mercado 37 pesetas; Pan 8 pesetas; Tenda 10`85 pesetas: Cadaleito 95 pesetas; Aluguer de coroa 3 pesetas, Cera 4 pesetas: Fachas para aumentar 5`50 pesetas: Cofradia do Rosario 2`50 pesetas; Cofradia do Carmen de San Mateu 3 pesetas; Dous curas a 10 pesetas = 20 pesetas; Un cura con misa 15 pesetas: Sancristán 8 pesetas; Enterrador 6 pesetas; Horneón 6 pesetas; Portador do caldeiriño da auga bendita 1 pesetas; total 230`85 pesetas.


Pedro Borreiro.