domingo, 29 de agosto de 2010

Somos unha parroquia morta..........?


Este veran andiven por varias festas, por moitos lugares de galicia, na miña vida andiven tanto de festas, festas gastronomicas, culturais, e de esaltacion a diversas cuestions, e queden abrallado como o vicindario responde os acontecementos que ali se celebran, os eventos os organiza a parroquia, non unha persona, e todo un colectivo e a diversion esta garantizada, estiven en torreiros muy pequeniños entre veigas de millo, con duas boas orquestras, tiven a oportunidad de ver e escoitar a orquesta "Poceiro" , aquela que tanto estivo en Moreira ( a Consolacion ) con Diosiño e a sua acordion, esta ves con un vocalista que marcou toda unha epoca nas festa de galicia, Miguel Torres, que tantos anos estuvo na Orquesta Compostela, non me gustou a Panorama, demasiodo embrollo, gustei da Sintonia, Bambola; Combo Dominicano, Cinema etc, nos aqui estamos morrendo.........? a desconesion viciñal e avismal, prova a comida que celebramos na fraga do rey o dia 22 de Agosto, estamos fraturados, divididos, hay quen pensa que defender a terra e delito, que defender os nosos dereitos molestan os nosos politicos, xente que vive e come dos nosos impostos, e tal a desunion que o resultado podemos velo polos camiños da parroquia, po las obras e axudas que nos dan, polo modo de tratar a nosa toponimia, o noso patrimonio etnografico e cultural.........¿ vos tamen o vedes...? ou son eu un roñoso,. Pozas, muiños, camiños, todo que se mellorou na parroquia foi frutos dos veciños, de aqueles que loitaron e souveron defender a sua terra, cando a palabra era un ducumento........... ¿ e nos siguiremos morrendo....?

domingo, 1 de agosto de 2010

Primeiro Domingo despois do 6 de agosto........

Xa temos aqui, a volta da esquina, a nosa festa parroquial, festa que en tempos, non poderia decir canto, foi invidia das parroquias veciñas, daquela a nosa Banda de Musica, primeiro chamada Banda de Musica de Cristiñade, e despois, Banda de Musica Cultural de Cristiñade, teiña como peza estrella a sua "Misa Cantada", facendo dura competencia coa da parroquia veiña de Gulans,tanto en musica como en musicos, uns autodidactas que levaron o nome de Cristiñade polo condado adiante, igual que o grupo de teatro no seu dia que tantos exitos acadou. O dia das Dores e a festa patronal por excelencia da nosa parroquia, ahora non ten festa pagana pero si os veciños a seguen celebrando con ferbor, e son muytos os amigos e devotos que veñen a oir a misa, esta festa no pasar do tempo foi sufrindo diversos cambios na sua maneira de organizar, pero intacta na fecha da celebracion en agosto, o despobamento rural de diversos barrios foi unha das causas da trasformacion organizativa e tamen o que fixo que a aportacion economica veciñal e o elevado custo da sua organizacion vaya quedando sin festa como en anos anteriores, esta festa que a sua duracion era de tres dias, visperas, dia e a festa do can, quedaran xa pro olvido ou como recordo pra nos, aqueles que xa temos alguns anos, claro que a parroquia na sua regeneracion pobacional que esta sufrindo,o sentimento sobre estes actos vai quedando no olvido, aqueles que somos nativos sentimos diferente o non ter festa das "Dores" cando as tuas raices estan noutro lugar a savia da malencolia do teu sentimento e diferente e non o sintes como teu, isto pode ser que xa quedamos poucos autotonos e moitos os foraneos, que ben vidos sean..... Virxen dos Dores, virxen das sete espadas, e das dece estrelas...con manto de mai... coas lagrimas no teu rostro, lagrimas que chorache por teu fillo, pero que tamen choras por nos.... polo abandono, a envidia,e a prepotencia e falta de humildad.......que olguns pretenden impor...... a ipocresia, indeferencia e insolaridad..... ! virxen de quen son devoto...! cuydame a parroquia, a todos os seus parroquianos, e protexenos devaixo do teu manto......como a galiña fai cos pitiños acomodandoos devaixo das suas alas.....Salve Virxen dos Dores.